O CNR de Ribadeo ten por obxecto o fomento, a práctica e a promoción da actividade deportiva, así como a realización de actividades sociais e culturais. Conta con distintas seccións como a vela, actividades subacuáticas e pesca deportiva así como realización de cursos para obtención de licenzas federativas para pequenas embarcacións, P.E.R., patrón de iate e capitán de iate.