En pleno centro de Ribadeo, na Rúa Xosé Vicente Pérez Martínez, atópase un edificio emblemático da vila doado por D. Ramón González Fernández. Neste lugar celébrase o Mercado de Abastos de luns a sábado en horario de 8 a 15 horas. Aquí poderás atopar distinta variedade de produtos hortícolas, froitas, carnes, peixes e todo tipo de artigos de proximidade e calidade procedentes de pequenos/as produtores/as e recolectores/as locais.
Ribadeo mantén a súa histórica tradición comercial co Mercado dos Domingos. O Concello organiza, en colaboración coa Asociación de Produtores/as da Horta A Sucadoira, na Praza de Abastos un mercado local onde se pode atopar gran variedade de produtos da horta, queixo, embutidos, doces, conservas, pan…, potenciando o consumo da tempada e poñendo en valor a economía máis próxima. Trátase dun mercado de proximidade onde produtoras e produtores da zona achegan ás persoas consumidoras os seus produtos durante todos os domingos do verán, poñendo en valor a economía local e potenciando o consumo de tempada e saudable.
Todos os mércores do ano ten lugar na Praza de Abastos o Mercado dos Mércores, un mercado de produtos locais e de primeira calidade que a persoa consumidora pode adquirir directamente mercando á produtora e xerando economía local, adquirindo produtos máis frescos e saudables e garantindo unha economía máis xusta tanto para as persoas produtoras como para as compradoras.
No ano 2003 Ribadeo recuperou o Mercado de Nadal, un mercado moi vinculado aos produtos de tempada e agasallos, así como actividades para nenos/as e maiores. Celébrase na ponte da Constitución e está ubicado no Parque de San Francisco, lugar onde os/as artesáns e vendedores/as expoñen os seus produtos do campo e manufacturas.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.