Establecemento do pequeno comercio coa finalidade de mellorar a calidade de vida da veciñanza con tratamentos naturais para doenzas, axudas dinámicas para persoas dependentes, trámites do Sergas (única ortopedia de Ribadeo), órteses para patoloxías temporais e crónicas, coidado da pel, clases de pilates e especialidades de cardioloxía, psicoloxía, podoloxía, pediatría, tratamentos para adelgazar, menciña antiidade, ozonoterapia, menciña neuro adaptiva e integrativa. En resumo, estilo de vida san.