Empresa familiar ubicada na Praza de Abastos. Nela poderás atopar carne de Tenreira Rubia Galega de crianza propia. Tamén dispoñemos de carne de porco, polo, coello, cordeiro e cabrito (este último por encargo). Ofrecemos unha ampla gama de elaborados preferiblemente por encargo para servilos o máis frescos posible. Prepáranse lotes de tenreira variada.