Comercializamos os nosos produtos nas proximidades de Ribadeo e Vegadeo durante todo o ano e a maiores no verán na Sucadoira (asociación de produtores da horta), tamén estamos presentes no Mercado dos Domingos. Nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro os produtos de temporada son tomates, pementos, xudías, leitugas, espinacas, acelgas, cebolas, ceboletas, apio, allos, arándano, fresa, ovos, repolos, coliflor, brócoli rumanesco. No inverno complementamos coa rabiza, grelo, kale, fabas de granxa e verdiña.