Ribadeo é unha vila situada no límite fronteirizo entre Galicia e Asturias que forma un referente na súa contorna, tanto pola súa ampla oferta de establecementos comerciais, hostaleiros, de empresas, negocios e profesionais como polos seus recursos naturais.

Todo o que precisas está en Ribadeo. Con un só click podes coñecer a oferta de tendas e establecementos dos distintos barrios da vila. Entra e coñéceos.

activa Ribadeo

Activa Ribadeo

Os establecementos locais de Ribadeo, os de toda a vida precisan da nosa aportación para facer comunidade. En cada recuncho da vila poderás atopar un establecemento acorde ás túas necesidades ao mesmo tempo que activas a vila de Ribadeo. A nosa xente agarda a túa visita!

Ribadeo próximo a ti

Proximidade, trato personalizado e especializado son as palabras que definen a dinámica comercial de Ribadeo. Visita os nosos establecementos e xera riqueza ao mesmo tempo que adquires produtos ou servizos exclusivos e adaptados ás túas necesidades. Agora máis ca nunca, apoia os establecementos locais!

CONSUME EN RIBADEO